Ir Inicio
Ir Inicio
Deporte Galego
 
Matrícula no CGTD
Xeral
Xoves, 02 Setembro 2010 12:08

As datas para realizar a matrícula para os deportistas admitidos no CGTD no curso 2010-2011, serán os días 8 e 9 de setembro no propio CGTD.

Descargar información.

 
VII Circuíto Galego de Augas Abertas. Proba 7.
Resultados
Xoves, 26 Agosto 2010 09:14

A pasada fin de semana dentro do VII Circuíto Galego de Augas Abertas (Travesías a nado 2010), nadouse a travesía da Ría de Vigo (día 22 de agosto). A distancia a percorrer foi de 3700 metros.

En canto ás clasificacións, despois das sete primeiras probas, temos que a feminina está a ser liderada por Alba López Souto do CN Coruña e a clasificación masculina por Frco. Javier García Torres do CN Riveira.

Para a vindeira fin semana, nadarase o sábado 28 de agosto a travesía da Vila de Caión cunha distancia de 2500 metros.

Ler máis.

 
Deportista bolseiros no CGTD 2010 - 2011.
Xeral
Mércores, 25 Agosto 2010 09:57

Listaxe provisorio de deportistas da Federación Galega de  Natación con bolsa no CGTD de Pontevedra para o curso 2010-2011. A listaxe definitiva publicarase o día 8 de setembro.

Ler máis.

 
VII Circuíto Galego de Augas Abertas. Proba 6.
Longa Distancia
Xoves, 19 Agosto 2010 19:21

A pasada fin de semana dentro do VII Circuíto Galego de Augas Abertas (Travesías a nado 2010), nadouse a travesía da Praia de Coroso (día 14 de agosto). A distancia a percorrer foi de 2500 metros.

En canto ás clasificacións, despois das seis primeiras probas, temos que a feminina está a ser liderada por Alba López Souto do CN Coruña e a clasificación masculina por Frco. Javier García Torres do CN Riveira.

Para a vindeira fin semana, nadarase o domingo 22 de agosto a travesía da Ría de Vigo cunha distancia de 3700 metros.

Ler máis.

 
VII Circuíto Galego de Augas Abertas. Probas 4 e 5.
Longa Distancia
Xoves, 12 Agosto 2010 10:38

A pasada fin de semana dentro do VII Circuíto Galego de Augas Abertas (Travesías a nado 2010), nadouse a travesía do Concello da Praia de Silgar (día 7 de agosto) e a do Porto da Guarda (día 8 de agosto). En ámbalas dúas probas a distancia a percorrer foi de 2500 metros.

En canto ás clasificacións, despois das cinco primeiras probas, temos que a feminina está a ser liderada por Alba López Souto do CN Coruña e a clasificación masculina por Frco. Javier García Torres do CN Riveira.

Para a vindeira fin semana, nadarase o sábado 14 de agosto a travesía da Praia de Coroso no concello de Ribeira.

Ler máis.

 
Xenia Vilariño, Laura Pimentel e Iván Brión convocados co equipo nacional para o Descenso de Navia.
Natación
Venres, 06 Agosto 2010 09:52

Os nadadores Iván Brión do CN Riveira, Xenia Vilariño do CN Galaico Sercoysa e Laura Pimentel do CN Pabellón Ourense foron convocados co equipo nacional para participar no Descenso á Ría de Navia e na Copa Asturias que se disputa os días 8 e 10 de agosto na vila Asturiana. Xenia participará na categoría absoluta en 3 Km no Descenso e en 5 Km na Copa Asturias. Laura na categoría júnior en 3 Km no Descenso e en 5 Km na Copa Asturias. Iván participa nos 5 Km da Copa Asturias.

 
Etapa 4 da Copa de Europa de Augas Abertas
Longa Distancia
Mércores, 04 Agosto 2010 18:13

A nadadora Xenia Vilariño García do CN Galaico Sercoysa e bolseira no CGTD, acadou o posto 14 na 4ª Etapa da Copa de Europa LEN de Augas Abertas disputada a fin de semana en Hoorn (Holanda) sobre unha distancia de 10 Km.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 31