|
O CN Ponteareas Campión Galego Máster de Verán |
|
Master
|
|
Luns, 21 Xuño 2010 11:03 |
|
O CN Ponteareas proclamouse Campión Galego Máster de Verán na clasificación conxunta, no campionato disputado este domingo en Ponteareas. O segundo posto foi para o CN Máster Pons Vetus e terceiro o CN Mos.
Na categoría feminina, tamén foi primeiro por clubs o CN Ponteareas, seguido do CN Mos e terceiro o CN Galaico Sercoysa.
Na categoría masculina o campión foi o CN Máster Pons Vetus, seguido do CN Traviesas e terceiro o CN Ponteareas.
Os premios aos nadadores de máis idade foron para Celia Iglesias Blanco do CN Mos e para Luís Gómez Sanmartín do CN Máster Pons Vetus.
Ler máis. |
|
|
Cto. de España de Aguas Abiertas. Xornada 2. |
|
Longa Distancia
|
|
Domingo, 20 Xuño 2010 22:38 |
|
Nesta segunda xornada os resultados máis destacados dos nadadores galegas foron:
- Xenia Vilariño do CN Galaico e bolseira no CGTD de Pontevedra cuarta na categoría feminina senior.
- Laura Paola Montes e Iria García do CN Galaico 7ª e oitava respectivamente na mesma categoría.
- Laura Pimentel do Pabellón Orense 1ª e Campiona de España na categoría feminina Junior.
- Alba López do CN Coruña sexta clasificada na mesma categoria.
- Ana Parada do CN Riveira sétima clasificada tamen na categoría junior.
Ler máis. |
|
Natación
|
|
Domingo, 20 Xuño 2010 22:33 |
|
Dúas novas medallas para María Vilas na Copa Comen de Catania.
A nadadora do CN Riveira gañou unha medalla de ouro e outra de prata na segunda e derradeira xornada.
Nos 200 braza acadou a primeira posición cun tempo de 2:38.00
Nos 200 estilos ocupou a segunda praza cun tempo de 2:22.91 nova mellor marca malega de 14 anos.
Pola súa parte o nadador do RCN de Vigo e bolseiro no CGTD de Pontevedra, Diego Fernández, conseguiu o décimo terceiro posto na proba de 200 bolboreta cun tempo de 2:13.56.
Como resumo da actuación dos nadadores galegos nesta Copa Comen hai que destacar as cinco medallas e dúas Mellores Marcas Galegas (en 400 e 200 estilos) por parte de María Vilas.
Dúas de ouro (400 estilos e 200 braza), unha de prata (200 estilos) e dúas de bronce (100 braza e 4x200 libre).
Ler máis. |
|
Cto. de España de Aguas Abiertas. Xornada 1. |
|
Longa Distancia
|
|
Sábado, 19 Xuño 2010 20:52 |
|
Este sábado no Canal Olímpico de Casteldefels e dentro do Cto. de España de Aguas Abiertas, destacan os seguintes resultados na proba de 10000 metros:
- Iván Brión, do CN Riveira e bolseiro no CGTD de Pontevedra foi terceiro e medalla de bronce na categoría masculina senior.
- Alba López, do CN Coruña, primeira e medalla de ouro na categoría feminina junior.
- Xenia Vilarño do CN Galaico Sercoysa e bolseira no CGTD de Pontevedra, sexta na categoría senior feminina.
- Iria García do CN Galaico Sercoysa oitava en categoría senior feminina.
Ler máis. |
|
Natación
|
|
Sábado, 19 Xuño 2010 20:47 |
|
Na primeira xornada da Copa COMEN que se está a disputar en Catania (Italia), a nadadora do CN Riveira María Vilas, alzouse co primeiro posto e a medalla de ouro na proba de 400 estilos cun tempo de 4:56.06 o que supón unha nova mellor marca galega de 14 anos.
Ademais nos 100 braza foi terceira e medalla de bronce cun tempo de 1:14.48.
Ler máis. |
|
Cto. Galego de Water-polo Cadete de Verán |
|
Wáter-Polo
|
|
Mércores, 16 Xuño 2010 09:55 |
|
O sábado disputase na piscina do INEF en Bastiagueiro o Campionato Galego de Wáter-polo Cadete de Verán, no que participan o C Marina Ferrol, o CW Santiago, o CN Pontevedra e o CN Coruña. A competición dará comezo ás 11:00 h.
Ver máis. |
|
Elena Sánchez convocada como xuíz para o Campionato de Europa de Natación. |
|
Natación
|
|
Mércores, 16 Xuño 2010 09:15 |
|
Elena Sánchez de Paz, foi convocada pola LEN como parte do xurado do Campionato de Europa de Natación Absoluto que se disputa en Budapest do 4 ao 14 de agosto. |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 8 de 31 |