|
Campionato de Europa Júnior de Augas Abertas. |
|
Longa Distancia
|
|
Mércores, 04 Agosto 2010 18:12 |
|
A nadadora Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense clasificouse no posto 20 na proba de 5 Km do Campionato de Europa Júnior de Augas Abertas disputado o fin de semana en Hoorn (Holanda) |
|
|
VII Circuíto Galego de Augas Abertas. Probas 2 e 3. |
|
Longa Distancia
|
|
Luns, 02 Agosto 2010 12:37 |
|
A pasada fin de semana dentro do VII Circuíto Galego de Augas Abertas (Travesías a nado 2010), nadouse a travesía do Concello de Arteixo (día 31 de xullo) e a de El Corte Inglés (día 1 de agosto). En ámbalas dúas a distancia a percorrer foi de 2500 metros.
En canto ás clasificacións, despois das tres primeiras probas, temos que a feminina está a ser liderada por Alba López Souto do CN Coruña e a clasificación masculina por Frco. Javier García Torres do CN Riveira.
Para a vindeira fin semana, nadarase o sábado 7 de agosto a travesía da Praia de Silgar e o día 8 de agosto a do Porto da Guarda.
Ler máis. |
|
Sábado, 31 Xullo 2010 00:17 |
|
Durante todo o mes de agosto, a sede da FEGAN permanecerá pechada por vacacións. Para contactar, enviar correo a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
|
Iván Brión no Cto. de Europa de Augas Abertas. |
|
Longa Distancia
|
|
Xoves, 29 Xullo 2010 10:51 |
|
O nadador Iván Brión Sampedro do CN Riveira e bolseiro do CGTD, participará coa Selección Española no Campionato de Europa Absoluto de Augas Abertas que se disputa en Balatón (Hungría) do 4 ao 8 de agosto. Iván participa na proba de 10 Km. A esta competición tamén foi convocado como integrante do cadro técnico José Rivera, adestrador de natación do CGTD. |
|
Laura Pimentel no Campionato de Europa Júnior de Augas Abertas. |
|
Longa Distancia
|
|
Xoves, 29 Xullo 2010 10:34 |
|
A nadadora Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense participará no Campionato de Europa Júnior de Augas Abertas que se disputa os días 31 de xullo e 1 de agosto en Hoorn (Holanda). Laura participará na proba individual de 5 Km e na remuda 3 Km x 3 nadadores.
A esta competición tamén está convocado como integrante do cadro técnico Santiago Escudero, adestrador do CN Pabellón Ourense. |
|
Xenia Vilariño na Copa de Europa de Augas Abertas. |
|
Longa Distancia
|
|
Xoves, 29 Xullo 2010 10:33 |
|
A nadadora Xenia Vilariño García do CN Galaico Sercoysa e bolseira do CGTD, participará co Equipo Nacional Absoluto na 4ª etapa da Copa de Europa LEN de Augas Abertas, que se disputa o 1 de agosto en Hoorn (Holanda) sobre unha distancia de 10 Km. |
|
VII Circuíto Galego de Augas Abertas. Proba 1. |
|
Longa Distancia
|
|
Mércores, 28 Xullo 2010 08:51 |
|
Xa comezou o VII Circuíto Galego de Augas Abertas (Travesías a nado 2010), a primeira das 8 probas tivo lugar en A Coruña o pasado día 24, cunha distancia de 3200 metros onde se nadou a Travesía do Dique Barrié de la Maza.
En canto ás clasificacións, despois desta primeira proba, temos que a feminina está a ser liderada por Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense e a clasificación masculina por Frco. Javier García Torres do CN Riveira.
Nesta fin de semana, o sábado 31 de xullo, celebrase a segunda proba do circuíto, a Travesía Concello de Arteixo, a cal terá lugar no Porto de Suevos as 11h00.
Ler máis. |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 2 de 31 |