Éxito de Jacobo Garrido Brun no Cto de España de Natación Adaptada CCAA

Esta fin de semana cita importante para Jacobo Garrido Brun, do Club Natación Liceo, no Campionato de España de Natación Adaptada Absoluto por Autonomías celebrado en Oviedo os días 11 e 12 de marzo.

O balance da súa actuación foi máis que satisfactorio, conseguiu rebaixar todas as súas marcas nas probas nadadas e con só 14 anos tráese cinco medallas dunha competición Absoluta: dous ouros en 400 libres e 200 estilos, dúas pratas: en 200 libres e 100 bolboreta e un bronce en 100 costas. Na proba do 400 libres cun tempo de 4:30.12 o cal se achega á mínima para o mundial.

Liga Galega de Wáter-polo (4-5 de marzo)

Resultados dos partidos de liga de wáter-polo das diferentes categorías disputados a fin de semana:

Liga masculina 1ªDiv: vitoria local do CW Pontevedra diante do C Marina Ferrol (14-6) e vitorias a domicilio do CN Coruña na súa visita ao RCN Vigo (11-20) e do CW Santiago na súa visita ao CW Pabellón Ourense (6-21).

Liga masculina 2ªDiv: vitoria local do CW Pontevedra B diante do C Marina Ferrol B (16-6).

Liga cadete: vitoria a domicilio do CN Coruña na súa visita ao RCN Vigo (7-11).

Liga infantil: vitoria local do CW Pontevedra A diante do C Marina Ferrol (12-9) e vitorias a domicilio do CW Santiago na súa visita ao CW Pabellón Ourense (0-13) e do C Marina Ferrol na súa visita ao CW Pontevedra B (7-12).

Ler máis.

Convocatoria Cto España Natación CCAA Idade Escolar - CSD

Convocatoria da Selección Galega para o III Campionato de España de Natación categoría Idade Escolar por CCAA - CSD, que se disputa en Palma de Mallorca os días 25 e 26 de marzo.

Convocatoria selección

Copa Galega de Natación Alevín - Xornada 2

20170305_nat_copa_gal_alev_campion

O Club Natación Liceo gaña a Copa Galega Alevín.

Rematou a segunda e última das dúas xornadas da Copa Galega de Natación Alevín que se celebrou en Ferrol na piscina J. Gomez Noya durante os días 4 e 5 de marzo de 2017.

Clasificación total:

1. C.N. LICEO 656.
2. C.N. FERROL 564.
3. C.N. PORTAMIÑA LUGO 506.

Ler máis.

Copa Galega de Natación Alevín - Xornada 1

20170304_nat_copa_gal_alev_cartel

Rematou a primeira das dúas xornadas da Copa Galega de Natación Alevín que se está a celebrar en Ferrol na piscina J. Gomez Noya durante os días 4 e 5 de marzo de 2017.

Clasificación total:

1. C.N. LICEO 232.
2. C.N. FERROL 203.
3. C.N. PORTAMIÑA LUGO 171.

Ler máis.

Bea Gómez e María Vilas, co Equipo Nacional en Marsella

As nadadoras Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico e María Vilas Vidal do CN Riveira están convocadas para participar co Equipo Nacional Absoluto no VI Meeting Oen Mediterranée que se disputa en Marsella (Francia) do 3 ao 5 de marzo. Bea nadará 100 braza, 200 e 400 estilos, 100 e 800 libre. María en 200, 400, 800 e 1500 libre.

Liga Galega de Wáter-polo (25-26 de febreiro)

Resultados dos partidos de liga galega de wáter-polo das diferentes categorías, disputados esta fin de semana:

Liga feminina 1ªDiv.: vitoria a domicilio do CN Coruña na súa visita ao CW Pontevedra (4-8).

Liga masculina 2ªDiv.: vitoria local do CW Pontevedra B diante do CN Coruña B (18-7).

Liga cadete mixta: vitoria local do CW Santiago diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo (17-5).

Liga infantil: vitorias locais do CW Santiago diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo (5-4) e do CW Pontevedra A diante do CN Coruña (12-4), e vitoria como visitante do CW Pontevedra A diante do CW Pontevedra B (8-12).

Liga alevín: vitoria local do CW Santiago diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo (7-3).

Ler máis.

Cto. Galego de Natación Júnior e Infantil de Inverno - Xornada 3

20170226_nat_campion_junior_inv

20170226_nat_campion_infantil_inv

O Club Natación Galaico proclámase campión galego júnior e o Club Natación Liceo campión galego infantil.

Rematou a terceira e última das tres xornadas do Cto. Galego de Natación Júnior e Infantil de Inverno que se celebrou en Cervo na piscina municipal durante os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2017.

Clasificacións do Campionato Júnior:

Feminina:

1. C.N. GALAICO 409.
2. C.N. PORTAMIÑA LUGO 368.
3. R.C.N. VIGO 284.

Masculina:

1. C.N. PABELLON OURENSE 495.5.
2. CLUB DEL MAR 340.
3. C.N. CORUÑA 251.

Total:

1. C.N. GALAICO 587.
2. C.N. LICEO 526.
3. C.N. PORTAMIÑA LUGO 496.

Clasificacións do Campionato Infantil:

Feminina:

1. C.N. PORTAMIÑA LUGO 341.
2. C.N. LICEO 311.
3. C.N. PABELLON OURENSE 239.

Masculina:

1. C.N. CORUÑA 386.5.
2. CLUB DEL MAR 306.5.
3. C.N. GALAICO 279.

Total:

1. C.N. LICEO 514.
2. C.N. GALAICO 488.
3. C.N. CORUÑA 425.5.

Ler máis.

Cto.o Galego de Sincronizada BIV

20170226_sin_cto_gal_biv

O combo A do Club Augamarina Sincro acadou o primeiro posto no Campionato Galego de BIV disputado en Ourense, o segundo posto foi para o Club Sincro Ourense B e o terceiro para o Club Aguamarina Sincro B.

Cto. Galego de Natación Júnior e Infantil de Inverno - Xornada 2

Entrega medallas Toni Andurell

Entrega medallas José Manuel Balseiro

Rematou a segunda das tres xornadas do Cto. Galego de Natación Júnior e Infantil de Inverno que se está a celebrar en Cervo na piscina municipal durante os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2017.

Clasificacións do Campionato Junior:

Feminina:

1. C.N. GALAICO 292.
2. C.N. PORTAMIÑA LUGO 227.
3. R.C.N. VIGO 221.

Masculina:

1. C.N. PABELLON OURENSE 261.5.
2. CLUB DEL MAR 159.
3. C.N. CORUÑA 147.

Total:

1. C.N. GALAICO 345.
2. C.N. PORTAMIÑA LUGO 287.
3. C.N. LICEO 267.

Clasificacións do Campionato Infantil:

Feminina:

1. C.N. PORTAMIÑA LUGO 215.
2. C.N. LICEO 187.
3. C.N. PABELLON OURENSE 156.

Masculina:

1. C.N. CORUÑA 197.
2. C.N. GALAICO 127.
3. C.N. RIVEIRA 126.

Total:

1. C.N. LICEO 289.
2. C.N. GALAICO 249.
3. C.N. PORTAMIÑA LUGO 241.5.

Ler máis.