Cto. de España de Sincro Alevín-Xuvenil

Os días 14 a 17 de xullo disputouse en Valladolid o IV Campionato de España de Natación Sincronizada Alevín e Xuvenil con participación dos clubes galegos: C galaic Sincro, C Sincro Pontevedra, RCN Vigo e CN Portamiñá.

Destaca a clasificación para a final dos Equipos xuvenís do C Galaico Sincro (posto 10) e C Sincro Pontevedra (posto 12).

O Combo alevín do C Galaico Sincro acadou o posto 13, o Equipo do RCN Vigo xuvenil obtivo o posto 13, e o Equipo alevín do C Galaico Sincro, o posto 14.

En Solo xuvenil, Cristina López López do CN Portamiñá acadou o posto 17 (con posto 18 en figuras) e Elisa Seoane Álvarez do C Galaico Sincro o posto 19.

En Duo xuvenil, Marta Fernández Meijide e Cristina López López do CN Portamiñá acadaron o posto 15 e Eva Saldaña Loureiro e Elisa Seoane Álvarez do C Galaico Sincro, o posto 16.

Acceso á web do campionato.

XVIII Cto España de Sincro Infantil

Do 30 de xuño ao 2 de xullo disputouse en Alicante o XVIII Campionato de España de Natación Sincronizada Infantil de Verán con participación dos clubes galegos: Sincro Ourense, Sincro Pontevedra, RCN Vigo, Galaico Sincro e CN Portamiñá, en todas as rutinas tanto solo, como dúo, equipo e combo.

En rutinas de equipo o C Sincro Ourense acadou o posto 15, C Sincro Pontevedra o posto 24 e RCN Vigo o posto 26.

En rutina combinada, Sincro Ourense acadou o posto 16, Sincro Pontevedra o posto 23 e RCN Vigo o posto 27.

Acceso á web do cto.

O Club Galaico Sincro, Mellor Club Galego de Nivel

20160620_sin_cto_gal_ver_01

20160620_sin_cto_gal_ver_02

O Club Galaico Sincro proclamouse, despois da disputa do Campionato Galego de Sincronizada de Verán disputado na piscina de FRIGSA en Lugo, Mellor Clube Galego de Nivel de Natación Sincronizada.

Ler máis.

Campionato Galego de Sincro de Verán

20160615_sin_cto_gal_ver

A fin de semana dispútase na piscina de FRIGSA en Lugo, o Campionato Galego de Natación Sincronizada de Verán. Neste campionato que se disputa o sábado en sesións de mañá e tarde e o domingo pola mañá, participan máis de 190 nadadoras de categorías alevín, infantil e xuvenil-absoluta, pertencentes a 9 clubes.

O C Sincro Ourense, Mellor Clube de Base de Natación Sincronizada

O Club Sincro Ourense proclamouse Mellor Clube de Base de Natación Sincronizada despois da disputa das tres xornadas de que constaba a competición de Base. O segundo posto foi para o RCN Vigo e terceiro o C Sincro Pontevedra.

Ler máis.

O C Aguamarina sincro, domina o Campionato Galego BIV de verán

20160528_sin_cto_gal_biv_ver

O C Aguamarina Sincro acadou cos seus combos A e C os dous primeiros postos no Campionato Galego BIV de verán disputado na piscina do Complexo Deportivo J Gómez Noya de Ferrol. O terceiro posto foi para o C Sincro Ourense.

Ler máis.

Xornadas de tecnificación de Sincro

20160321_sin_tecnificacion_x5

O hoxe luns e mañá martes organízase en Ourense a V Xornada de Tecnificación de Natación Sincronizada nas piscinas Rosario Dueñas e do Colexio Miraflores. A actividade en sesións de mañán e tarde e dirixida por Sandra Montes repartese o luns para a categoría infantil e o martes para as categorías júnior e alevín.

Ver convocatoria.

XVII Cto de España de Sincro Júnior-Senior

imaxe

Disputouse na piscina Parquesol de Valladolid o XVII Campionato de España Júnior-Senior de Natación Sincronizada con participación de catro nadadoras do C Galaico Sincro en categoría júnior: Elisa Seoane Álvarez, Reyes Gómez Sánchez, Eva Saldaña Loureiro e Antía Otero Porta. Na clasificación final por Clubes de categoría júnio, o C. Galaico Sincro acadou o 10º posto.

Web do campionato

Cto. de España de Sincronizada Alevín e Infantil

Os días 4 e 5 de marzo disputouse en Torrevieja o XVII Campionato de España de Natación Sincronizada Alevín e Infantil de Inverno con representación de clubes galegos.

Os clubes galegos que participaron foron o C Sincronizada Ourense, C Galaico Sincro e RCN Vigo.

Acceso á web do campionato.

Campionato Galego de Sincronizada BIV

20160229_sin_cto_gal_biv_inv

No Campionato Galego de BIV de inverno disputado na piscina do RCN Vigo a clasificación final de rutinas libres de equipo encabezouna o equipo A do RCN Vigo, segundo o equipo B tamén do RCN Vigo e terceiro o C Sincro Pontevedra.

Ler máis.