Xesde

Preme aquí para descargar a última versión

Versión 20170210

As principais novidades son:

  • Melloras no sistema de actualización.
  • Persoa agora amosa os campos de enderezo, correo electrónico e teléfono.
  • Na xanela persoa, nas licenzas amósase o seguro e no caso de ser xogade o código.
  • Melloras na importación de ficheiros RES, agora avisa cando hai datas fora da tempada.
  • Xanelas buscar licenzas e buscar resultados, agora os campos texto son insensibles a acentos, pósese buscar Fernández que aparecerán tanto os acentuados como os non acentuados.
  • Agora a tramitación de licenzas de escola é telemática, xa non é preciso enviar o ficheiro por correo, vai a traveso do servidor.

Versión 20160528

As principais novidades son:

Consulta de marcas

Mellora na consulta de marcas, agora é máis rápida e tamén engadido de funcionalidades como:

  • Columna coa marca ponderada.
  • Opción para amosar só X primeiros rexistros atopados.
  • Posibilidade de buscar por nome de clube.
  • Posibilidade de buscar por categoría (isto é interesante para as remudas).

Xestión de campionatos

As principais novidades son:

  • Abandono do uso de ficheiros, agora xestionase todo desde o aplicativo.
  • Ao Exportar o campionato este envíase ó servidor e é compartido de xeito automático.
  • O botón Importar amosa a lista de campionatos que hai no servidor e permite seleccionar o que se quere importar.

Inscricións

Igual que cos campionatos as inscricións xestiónanse a traveso do aplicativo. Xa non é preciso enviar o ficheiro das inscricións por correo.

Para envialas basta con premer no botón Exportar e para recibilas (só pode recibilas o propietario do cto) con premer o botón Importar e recollerá as inscricións exportadas polos participantes.

Descarga