Curso de árbitros de sincro

O vindeiro sábado 29 de outubro, celebrarase en Pontevedra (CGTD) un curso de árbitros de natación sincronizada. O horario será de 16:30 h a 19:00 h.

O custe do curso é de 16,50 euros e inclúe a licenza da presente tempada.

O material que se empregará é o Regulamento de Natación Sincronizada e os grupos de figuras FINA. Esta documentación pode descargarse nas seguintes ligazóns:

Regulamento sincro

Figuras FINA

As persoas interesadas en facer o curso deberán enviar un correo electrónico a info@fegan.org indicando: nome apelidos, correo electrónico e un teléfono de contacto.

Non se fará entrega de certificado de realización do curso.