Concentración de Wáter-polo Feminina

20170222_wat_concentracion_fem_portugal

A pasada fin de semana (18 e 19 de febreiro), celebráronse unhas xornadas de tecnificación cadete-infantil feminina de wáter-polo que consistiron unha concentración con un equipo de Portugal, o CW Fluvial Portuense. Dentro do programa de tecnificación de wáter-polo feminino, que está en auxe nos últimos anos, celebrouse unha concentración moi produtiva para as xogadoras galegas, onde se realizaron diferentes partidos así como outras actividades durante os dous días, onde o obxectivo foi dotar ás xogadoras dunhas nocións básicas de xogo colectivo así como fornecer unha maior competición de cara a súa formación e promoción deste deporte en toda Galicia.