Bea Gómez e María Vilas, co Equipo Nacional en Marsella

As nadadoras Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico e María Vilas Vidal do CN Riveira están convocadas para participar co Equipo Nacional Absoluto no VI Meeting Oen Mediterranée que se disputa en Marsella (Francia) do 3 ao 5 de marzo. Bea nadará 100 braza, 200 e 400 estilos, 100 e 800 libre. María en 200, 400, 800 e 1500 libre.