Liga Galega de Wáter-polo (4-5 de marzo)

Resultados dos partidos de liga de wáter-polo das diferentes categorías disputados a fin de semana:

Liga masculina 1ªDiv: vitoria local do CW Pontevedra diante do C Marina Ferrol (14-6) e vitorias a domicilio do CN Coruña na súa visita ao RCN Vigo (11-20) e do CW Santiago na súa visita ao CW Pabellón Ourense (6-21).

Liga masculina 2ªDiv: vitoria local do CW Pontevedra B diante do C Marina Ferrol B (16-6).

Liga cadete: vitoria a domicilio do CN Coruña na súa visita ao RCN Vigo (7-11).

Liga infantil: vitoria local do CW Pontevedra A diante do C Marina Ferrol (12-9) e vitorias a domicilio do CW Santiago na súa visita ao CW Pabellón Ourense (0-13) e do C Marina Ferrol na súa visita ao CW Pontevedra B (7-12).

Ler máis.