Éxito de Jacobo Garrido Brun no Cto de España de Natación Adaptada CCAA

Esta fin de semana cita importante para Jacobo Garrido Brun, do Club Natación Liceo, no Campionato de España de Natación Adaptada Absoluto por Autonomías celebrado en Oviedo os días 11 e 12 de marzo.

O balance da súa actuación foi máis que satisfactorio, conseguiu rebaixar todas as súas marcas nas probas nadadas e con só 14 anos tráese cinco medallas dunha competición Absoluta: dous ouros en 400 libres e 200 estilos, dúas pratas: en 200 libres e 100 bolboreta e un bronce en 100 costas. Na proba do 400 libres cun tempo de 4:30.12 o cal se achega á mínima para o mundial.