Debut Oscar Montes

20170319_wat_oscar_montes_01

20170319_wat_oscar_montes_02

Esta fin de semana o wáter-polo galego estivo representado na máxima categoría nacional, División de Honra Masculina de Wáter-polo, grazas ao exxogador do Club Mariña Ferrol, Óscar Montes Gómez, actualmente no Club Natació Barcelona, e que aínda non cumpriu os 17 anos. Debutou no partido da 18º Xornada que enfrontaban ao CN Barcelona e CE Mediterrani, cun resultado favorable de 10-6.

Óscar, xunto con Mariña Casado (exxogadora do CN Pontevedra e actualmente no WP9802) e Marcos Patiño (exxogador da AC Waterpolo e do RC Canoe, e actualmente no CN Coruña), converteuse actualmente no terceiro xogador en debutar na máxima categoría.

Na tempada 2015/16, o xogador ferrolán, despois de ter ofertas de varios clubes, decantouse polo CN Barcelona, debido á súa filosofía de contar con xogadores novos e darlles unha formación e proxección deportiva. Despois dunha tempada de adaptación, na que conseguiu colgarse o ouro en Campionatos de España de Categorías, na tempada 2016/17 entrou a formar parte do grupo de tecnificación do Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, dando un salto cualitativo á súa formación deportiva.

Óscar e a súa familia son todo un exemplo para os/as xogadores/as galegos/as que ven como a formación e o desenvolvemento deportivo xunto co académico poden ir da man e con esforzo todo pódese conseguir.

Parabéns a todo o wáter-polo galego, o C Marina Ferrol e especialmente a Óscar e a súa familia.