Fiarna

Que é o Fiarna?

Fiarna é un aplicativo desenvolvido pola FEGAN para a xeración de fichas de arbitraxe nun formato alternativo ás xeradas polo programa Piscina. Estas son xeradas a partir da base de datos da competición. O resultado son fichas como esta, a razón de 4 por páxina (preme na imaxe para ver como quedan as 4 fichas nun folio):

20170315_fichas_arbitro

Instalación

Non precisa instalación nin ningún tipo de permiso especial, o aplicativo traballa sen instalación, basta con descargar o paquete ZIP, descomprimilo (é importante que se descomprima) e executar o ficheiro fiarna.exe que se atopa dento do cartafol que se descomprimiu.

Para o seu uso deben estar xeradas previamente as series da competición na base de datos en cuestión.

Preme aquí para descargar o Fiarna v. 20170315

Instrucións de uso

Opcións. Pode escollerse rango de probas que se desexa imprimir e unha fase determinada ou todas.

Xerar o ficheiro coas fichas. Para elo prémese no botón «Xerar fichas de árbitro», elíxese a base de datos da cal se queren xerar as fichas (previamente teñen que estar xeradas as series), e seguidamente indícase o nome do ficheiro que se vai xerar.

O ficheiro resultante é xerado en formato PDF.


Se tes calquera cuestión non dubides en contactar con informático da FEGAN.