2044 post/s with categoría Novas


Copa Galega de Water-polo Masculina

Este sábado vaise disputar na piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela, a Copa Galega de Wáter-polo Absoluta Masculina, na que participan o CW Pabellón Ourense, CW Pontevedra, C Marina Ferrol, CN Coruña e o anfitrión, CW Santiago.

O primeiro partido comezará ás 09:30 h e a final está prevista para as 18:30 horas.

Programa da competición

Cto. de España de Natación Júnior e Infantil Inverno - Xornada 4

20170321_nat_agueda_cons

Unha nova medalla de Águeda Cons na derradeira xornada do Campionato de España de Natación Júnior e Infantil de Inverno.

Águeda Cons Gestido do CN Galaico e bolseira do CGTD proclamouse Campioa de España Júnior en 400 libre cun tempo de 4:14.11, batendo o Récord do Campionato e facendo a mínima para os Campionatos de Europa e do Mundo Júnior.

Outros nadadores destacados foron:

Alba Gómez Mesías do CN Arteixo e bolseira do CGTD, foi sétima en 400 libre júnior con 4:25.68, e oitava en 200 estilos con 2:25.12.

Ane de la Fuente Fiaño do CN Liceo foi sexta en 200 estilos júnior con 2:23.35 e acadou o posto 11 en 400 libre con 4:28.66.

David González García do CN Pabellón Ourense foi noveno en 100 braza júnior con 1:07.08.

Xabier Carneiro Viqueira do C del Mar e bolseiro do CGTD foi sétimo en 200 costas con 2:08.60 en eliminatorias.

Raúl Segade Mariño do CN Arzúa acadou o posto 13 en 200 costas júnior con 2:10.03.

Clara Otero Pérez do CN Galaico e bolseira do CGTD foi novena en 200 estilos júnior con 2:25.58.

Neste campionato tamén destacou a nadadora Paula Otero Fernández do CN Liceo que bateu tres Mellores Marcas Galegas de 13 anos: en 800 libre con 9:24.42, en 200 libre con 2:12.38 e en 200 bolboreta con 2:27.14.

Web do campionato.

Cto. de España de Natación Júnior e Infantil Inverno - Xornada 3

20170320_nat_remuda_galaico_fem

20170320_nat_alexandre_lages

20170320_nat_alba_gomez

Tres medallas na terceira xornada do Cto. España Júnior e Infantil a cargo do equipo de remudas feminino júnior do CN Galaico, Alexandre Lages e Alba Gómez.

O equipo feminino de remudas feminino júnior do CN Galaico, proclamouse novamente Campión de España, esta vez en 4X100 libre: Águeda Cons, Inés Gómez, Clara Otero e Nuria Erselle fixeron un tempo de 3:57.58.

Alexandre Lages Brión do CN Riveira e bolseiro do CGTD proclamouse subcampión de España infantil en 400 libre cun tempo de 4:07.02.

Alba Gómez Mesía do CN Arteixo e bolseira do CGTD acadou o seu segundo subcampionato de España Júnior, hoxe en 100 braza cun tempo de 1:13.30.

Outros nadadores que acadaron final foron:

Águeda Cons Gestido do CN Galaico e bolseira do CGTD foi cuarta en 200 libre júnior con 2:03.13.

Manuel Tomé Sanles do CN Riveira e bolseiro do CGTD foi décimo en 400 libre con 4:03.65.

Carla Faro Martínez do CN Ponteareas foi novena en 100 braza infantil con 1:16.24 en eliminatorias.

Marcos García Garay do C del Mar foi oitavo en 200 bolboreta infantil con 2:12.60.

Maria Barbier Urcullu do RCN Vigo acadou o posto 11 en 200 costas júnior con 2:25.30.

Ana Timiraos Fernández do CN Portamiñá foi oitava en 200 costas infantil, establecendo nas eliminatorias unha nova Mellor Marca Galega de 15 anos cun tempo de 2:24.40.

Web do campionato.

Mercedes Domínguez, prata en figuras no Cto. España de Natación Sincronizada Alevín

20170320_sin_mercedes_dguez

Mercedes Domínguez del Campo do C Galaico Sincro acadou o segundo posto na competición de figuras no Campionato de España de Natación Sincronizada Alevín disputado en Barcelona.

Web do campionato.

Liga Galega de Wáter-polo (18-19 de marzo)

Resultados dos encontros de liga xogados esta fin de semana nas diferentes categorías:

Liga masculina 1ªD: vitorias locais do CW Pontevedra diante do CW Pabellón Ourense (18-6) e do CW Santiago diante do RCN Vigo (14-6) e vitoria a domicilio do CN Coruña na súa visita ao C Marina Ferrol (8-15). Con esta xornada remata a fase regular co primeiro posto para o CN Coruña. Os emparellamentos para os play off serán: CN Coruña-RCN Vigo e CW Santiago-CW Pontevedra.

Liga feminina 1ªD: vitoria local do CW Pontevedra diante do CW Pabellón Ourense (9-3). Con esta xornada remata a Liga co CN Coruña como Campión.

Liga masculina 2ªD: vitoria a domicilio do CN Coruña B na súa visita ao C Marina Ferrol B (6-12).

Liga cadete feminina: vitoria a domicilio do RCN Vigo na súa visita ao CW Santiago (4-19).

Liga cadete mixta: vitoria a domicilio do RCN Vigo na súa visita ao CW Santiago (5-6).

Liga infantil: vitorias locais do CW Pontevedra A e B contra CW Pabellón (13-3 e 9-3 respectivamente) e do C Marina Ferrol diante do CN Coruña (9-4).

Ler máis.

XVIII Cto. de España de Sincronizada Alevín e Infantil

Os días 17 e 18 de marzo, disputouse en Barcelona o XVIII Campionato de España de Natación Sincronizada Alevín e Infantil de Inverno con participación de tres clubes galegos: C Sincronizada Ourense, C Galaico Sincro e RCN Vigo.

Na categoría alevín, o C Galaico Sincro acadou o posto 14 na clasificación final, o C Sincro Ourense o posto 16 e o RCN Vigo o posto 27.

Na categoría infantil, o C Sincro Ourense acadou o posto 15, o RCN Vigo o posto 20 e o C Galaico Sincro o posto 27.

Web do campionato.

Cto. de España de Natación Júnior e Infantil Inverno - Xornada 2

20170319_nat_cto_esp_aueda_cons_alba_gomez

Dúas novas medallas de Águeda Cons e Alba Gómez na segunda xornada do Cto. España de Natación que se está a disputar en Gijón.

Águeda Cons Gestido do CN Galaico e bolseira do CGTD, proclamouse campioa de España Júnior en 800 libre, establecendo un novo Récord do Campionato cun tempo de 8:44.65, acadando a mínima de participación para os Campionatos de Europa e do Mundo Júnior.

Alba Gómez Mesías do CN Arteixo e bolseira do CGTD, proclamouse subcampioa de España júnior en 200 braza con un tempo de 2:35.79.

Outros nadadores finalistas foron:

Xabier Carneiro Viqueira do C del Mar e bolseiro do CGTD foi décimo en 400 estilos júnior con 4:36.48.

Marcos García Garay do C del Mar foi sexto en 400 estilos infantil con 4:45.25.

Rosalía Soler Lomba do RCN Vigo foi quinta en 100 bolboreta júnior con 1:04.99.

Tania Romero Regueiro do CN Portamiñá acadou o posto 11 en 100 bolboreta júnior con 1:05.88.

Ane de la Fuente Fiaño do CN Liceo acadou o posto 11 en 200 braza júnior con 2:42.97 en eliminatorias, e o posto 10 en 800 libre con 9:06.38.

Web do campionato.

Debut Oscar Montes

20170319_wat_oscar_montes_01

20170319_wat_oscar_montes_02

Esta fin de semana o wáter-polo galego estivo representado na máxima categoría nacional, División de Honra Masculina de Wáter-polo, grazas ao exxogador do Club Mariña Ferrol, Óscar Montes Gómez, actualmente no Club Natació Barcelona, e que aínda non cumpriu os 17 anos. Debutou no partido da 18º Xornada que enfrontaban ao CN Barcelona e CE Mediterrani, cun resultado favorable de 10-6.

Óscar, xunto con Mariña Casado (exxogadora do CN Pontevedra e actualmente no WP9802) e Marcos Patiño (exxogador da AC Waterpolo e do RC Canoe, e actualmente no CN Coruña), converteuse actualmente no terceiro xogador en debutar na máxima categoría.

Na tempada 2015/16, o xogador ferrolán, despois de ter ofertas de varios clubes, decantouse polo CN Barcelona, debido á súa filosofía de contar con xogadores novos e darlles unha formación e proxección deportiva. Despois dunha tempada de adaptación, na que conseguiu colgarse o ouro en Campionatos de España de Categorías, na tempada 2016/17 entrou a formar parte do grupo de tecnificación do Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, dando un salto cualitativo á súa formación deportiva.

Óscar e a súa familia son todo un exemplo para os/as xogadores/as galegos/as que ven como a formación e o desenvolvemento deportivo xunto co académico poden ir da man e con esforzo todo pódese conseguir.

Parabéns a todo o wáter-polo galego, o C Marina Ferrol e especialmente a Óscar e a súa familia.

Cto. de España de Natación Júnior e Infantil Inverno - Xornada 1

20170319_nat_cto_esp__juni_infa_galaico_fem

Unha medalla de ouro na primeira xornada do Campionato de España de Natación Júnior e Infantil de Inverno que se disputa en Gijón.

O equipo de remudas feminino júnior do CN Galaico, proclamaouse Campión de España en 4X200 libre establecendo un novo Récord do Campionato. As catro compoñentes: Águeda Cons, Inés Gómez, Clara Otero e Nuria Erselle fixeron un tempo de 8:27.16.

Outros postos de finalista foron:

Águeda Cons Gestido do CN Galaico e bolseira do CGTD foi cuarta en 400 estilos júnior con 4:54.14.

Ane de la Fuente Fiaño do CN Liceo foi novena en 400 estilos júnior con 5:04.08.

Alba Gómez Mesías do CN Arteixo e bolseira do CGTD acadou o posto 12 en 400 estilos júnior con 5:05.06.

Ana Timiráos Fernández do CN Portamiñá foi quinta en 400 estilos infantil con 5:02.77.

Raúl Segade Mariño do C Arzúa acadou o posto 13 en 100 costas júnior con 1:00.03 en eliminatorias.

Maria Barbier Urcullu do RCN Vigo acadou o posto 12 en 100 costas júnior con 1:07.55 en eliminatorias.

Manuel Tomé Sanles do CN Riveira e bolseiro do CGTD foi quinto en 1500 libre júnior con 15:59.12.

Alexandre Lages Brión do CN Riveira e bolseiro do CGTD foi cuarto en 1500 libre infantil con 16:30.26.

Pablo Galán Vicente do C del Mar foi décimo en 1500 libre infantil con 16:55.15.

Juan González Tizón do CN Coruña acadou o posto 12 en 1500 libre infantil con 16:59.30.

Web do campionato.

Liga Galega de Wáter-polo (11-12 de marzo)

Resultados dos partidos de ligas de wáter-polo nas diferentes categorías:

Liga masculina 1ªD: vitoria local do CN Coruña diante do CW Santiago (11-8) e vitoria a domicilio do CW Santiago na súa visita ao CW Pontevedra (6-7).

Liga masculina 2ªD: vitoria local do CW Pontevedra B diante do CW Santiago B (10-5) e empate entre CN Coruña B e RCN Vigo B (12-12).

Liga cadete mixta: vitoria local do CN Coruña diante do CW Santiago (8-6) e vitoria a domicilio do CW Santiago na súa visita ao CW Pontevedra (8-13).

Liga infantil: vitoria local do CW Pontevedra B diante do CW Santiago (14-0), empate entre CN Coruña e CW Santiago (8-8) e vitorias a domicilio do Asociación Coruñesa de Waterpolo na súa visita ao CW Pabellón Ourense (2-10), e do RCN Vigo na súa visita ao CN Coruña (3-12).

Ler máis.