136 post/s with categoría Sincronizada


Mercedes Domínguez, prata en figuras no Cto. España de Natación Sincronizada Alevín

20170320_sin_mercedes_dguez

Mercedes Domínguez del Campo do C Galaico Sincro acadou o segundo posto na competición de figuras no Campionato de España de Natación Sincronizada Alevín disputado en Barcelona.

Web do campionato.

XVIII Cto. de España de Sincronizada Alevín e Infantil

Os días 17 e 18 de marzo, disputouse en Barcelona o XVIII Campionato de España de Natación Sincronizada Alevín e Infantil de Inverno con participación de tres clubes galegos: C Sincronizada Ourense, C Galaico Sincro e RCN Vigo.

Na categoría alevín, o C Galaico Sincro acadou o posto 14 na clasificación final, o C Sincro Ourense o posto 16 e o RCN Vigo o posto 27.

Na categoría infantil, o C Sincro Ourense acadou o posto 15, o RCN Vigo o posto 20 e o C Galaico Sincro o posto 27.

Web do campionato.

Cto.o Galego de Sincronizada BIV

20170226_sin_cto_gal_biv

O combo A do Club Augamarina Sincro acadou o primeiro posto no Campionato Galego de BIV disputado en Ourense, o segundo posto foi para o Club Sincro Ourense B e o terceiro para o Club Aguamarina Sincro B.

Cto. Galego de Sincro BIV de Inverno

20170223_sin_cto_gal_base4_inv

Este sábado disputase ma piscina Rosario Dueñas de Ourense o Campionato Galego de Natación Sincronizada BIV de Inverno. Participan combos dos seguintes clubes: RCN Vigo, C Sincro Rias Baixas, C Sincro Pontevedra, C Sincro Ferrol, CN Coruña, C Acuátic Oleiros, C Aguamarina Sincro e o anfitrión C Sincro Ourense.

A competición dará comezo ás 17:00 h

Xornada de tecnificación de Sincro

20170220_sin_tecnificacion_x1

O domingo celebrouse na piscina Rías do Sur de Pontevedra a 1ª xornada de tecnificación de Natación Sincronizada dirixida por Flor Rodrigo, para as categorías alevín, infantil e xuvenil. Nesta primeira xornada as nadadoras tiveron que facer as probas de selección para configurar os grupos definitivos de cada categoría.

O C Sincro Ourense, Campión Galego de Rutinas de Nivel

20170218_sin_cs_ourense

O Club Sincro Ourense proclamouse na piscina Rosario Dueñas, Campión Galego de Rutinas de Nivel de Inverno.

Na categoría alevín, os tres primeiros combos clasificados foron: CN Galaico Sincro, segundo C Sincro Ourense e terceiro RCN Vigo.

Na categoría infantil, primeiro C Sincro Ourense, segundo C Galaico Sincro e terceiro RCN Vigo.

Na categoría xuvenil, primeiro C Sincro Ourense, segundo C Galaico Sincro e terceiro CN Portamiñá Lugo.

Cto. Galego de Rutinas de Nivel

20170216_sin_cto_gal_rutinas_cartel

Este sábado disputase na piscina Rosario Dueñas de Ourense, o Campionato Galego de Rutinas de Nivel de Inverno de Natación Sincronizada, no que participan o CN Portamiñá, C Sincro Pontevedra, C Sincro Ferrol, RCN Vigo, C Sincro Rias Baixas, C Galaico Sincro e o anfitrión C Sincro Ourense. Esta competición de combos e para as categorías alevín, infantil e xuvenil-absoluta, e dará comezo ás 16:45 h coa categoría alevín.

XIV Cto. de España de Figuras de Sincro

O domingo 27 disputouse en Madrid o XIV Campionato de España de Natación Sincronizada de Figuras Júnior e Infantil con participación de nadadoras de clubes galegos.

Na categoría infantil o C. Galaico Sincro con 3 nadadoras e o RCN Vigo con unha.

Na categoría júnior, o C Sincro Ourense con 8 participantes, C Galaico Sincro con 5 e RCN Vigo con 4.

Web do campionato.

Seminario de iniciación á Sincro en Madrid

Os días 17 e 18 de decembro celébrase en Madrid un Seminario de Iniciación á Natación Sincronizada, dirixido a monitores e técnicos de sincro involucrados no ámbito das escolas de iniciación.

Ler máis.

Curso de árbitros de sincro

O vindeiro sábado 29 de outubro, celebrarase en Pontevedra (CGTD) un curso de árbitros de natación sincronizada. O horario será de 16:30 h a 19:00 h.

O custe do curso é de 16,50 euros e inclúe a licenza da presente tempada.

O material que se empregará é o Regulamento de Natación Sincronizada e os grupos de figuras FINA. Esta documentación pode descargarse nas seguintes ligazóns:

Regulamento sincro

Figuras FINA

As persoas interesadas en facer o curso deberán enviar un correo electrónico a info@fegan.org indicando: nome apelidos, correo electrónico e un teléfono de contacto.

Non se fará entrega de certificado de realización do curso.